El hombre de la tierra
Para Tania.
Empezarei por dicirche que cando acabei de vela quedei perplexo, con esa sensación que lle queda a un poucas veces despois de ver unha película. E refírome a que me ocorreu con non máis de 10 películas nos meus últimos tempos da miña vida “cinéfila”.
A película é un exemplo de que o diñeiro non o é todo, polo menos en canto a cine. Cantas películas millonarias nos faltaron ao respecto infinidade de veces. E vén este tipo, Richard Schenkman, a contarnos un conto. E é que é iso. Un marabilloso conto, que o cres ou non. E creo que iso é o de menos. O importante é que pasas unha hora e media marabillosa, gozando de cada diálogo, de cada expresión de incredulidade ou de asombro que ían poñendo os amigos deste home que se despedía deles para realizar unha viaxe.
O final, parágrafo á parte. Sensacional. Nun momento pensei: bo, xa está, isto é todo. Agora remata, queda o final aberto, e para a casa. Pero non. Regálanos Schenkman un desenlace á altura da súa película. Deses finais nos que un queda mudo, e cos ollos ben abertos.
Espero que che guste tanto coma a min, Tudor.
Carlos