Nadal

Etiquetas: persoal

Para Sondra.

Carlos non deixa de pensar e pensar. Dálle voltas a todo e cuestiónao todo. Tenno claro desde o comezo, está escrito e el sábeo.

Pero durante este tempo futuro, tentará negalo a si mesmo. Interiorizarao todo; rebelarase contra o obvio, o previsible; o seu cerebro está en constante conflito co seu corazón. Ata que o seu corazón gañe a batalla.

Algunhas veces, antes de empezar a súa sesión de diálise, optará por ir a un prado e ter un soño… un soño que quizais lle conceda o saber que necesita. Carlos analizará, observará o mar e as montañas e reflexionará sobre a vida e asustarase; pero só será unha etapa… un intermedio, cedo ou tarde volverá á vida. Por máis que o esquive, non o poderá evitar. O seu destino imporase. Está escrito.

Quixera acabar dándolles as grazas ás enfermeiras, ás auxiliares e ás doutoras Laura, Conchita e Cesar, por axudarme a sobrevivir neste saber difuso que me tocou vivir aquí e agora. Grazas…