A Misión. Capítulo 2: O regreso

Etiquetas: conto

Para a miña compañeira e amiga Ángeles.

10:30 do día 06/06/2018 segundo parámetros do planeta “Terra”. Atópanse reunidos no despacho/consulta da doutora Tamy: o capitán Mes3, o tenente Carlos, o enxeñeiro Jaimy e a propia doutora Tamy. Tamén se atopan como testemuñas a conselleira Troi e o comandante Data. Intervén o capitán Mes3.

—Bos días a todos. Como saben vostedes, produciuse un percance no sistema de protección, que ocasionou unha radiación meta-física dentro dos parámetros normais da estrutura xenética do enxeñeiro Jaimy. Polo tanto vímonos obrigados a transportalo á “Nave Nai” a través do sistema de translación “Thálaron”, coa idea de non ser detectados polo método de control da “Federación”. A partir de agora a doutora Tamy informaralles da situación actual.

—Grazas, capitán Mes3. Unha vez chegado á “Nave Nai”, foi trasladado urxentemente á U.C.I., e colocámolo nun traxe isométrico de illamento para analizar os datos fisio-métricos e ao mesmo tempo rexenerar continuamente a súa estrutura xenética. O resultado, como poden apreciar, foi completamente eficaz. Algunha pregunta?

—Si, son o tenente Carlos, quixera preguntarlle ao capitán Mes3: é posible que dúas persoas retrocedan no tempo e corrixan o erro cometido?

—Vostede sabe que si, pero lémbrolle que iso podería afectar á “Rede Neural”, danando o sistema de protección das “sub-rutinas”, e veríase obrigado a reiniciar un novo “sub-programa” de ética e moral, o cal nos levaría a unha inevitable perda de tempo e diñeiro. E tendo en conta o control da economía que a “Federación” nos obrigou a asumir, vostede poderá comprender, tenente Carlos, o perigoso da situación se nos arriscamos.

—Desculpe a interrupción, capitán, son Jaimy… poderiamos utilizar o sistema “Golem” de manobras evasivas, agora que estamos en órbita alta.

—Non é mala idea, enxeñeiro Jaimy, pero que ocorrería se ao pasar pola órbita dunha das matrices, a matriz “posi-trónica” dese positivo, e fósemos descubertos?

—Ten vostede razón, capitán, é un risco innecesario.

—Dra. Tamy. Creo que tiña algo que comunicarnos que podería solucionar o problema.

—En efecto, capitán Mes3, onte a última hora tiven unha conversa co tenente Carlos que podería dar coa solución.

—En efecto, como máximo responsable desta situación, comprométome a visitar a Tania de forma periódica para tratar de reconducir a importante misión que temos por diante. Que Deus nos guíe polo bo camiño.

—Conte vostede comigo, Carlos, que aínda que non fose responsabilidade miña, o que quixo ser humano fun eu. Se vostede pecou en algo, tenente, foi en condescendencia… en amabilidade para comigo. Estareille eternamente agradecido.

—Grazas, Jaimy… es un amigo.

—Que se sente ao estar namorado, Jaimy? —Pregúntalle o comandante Data.

—É… un momento perfecto no tempo. Cando o tempo parece deterse e case poderías quedar a vivir nese momento.

—Que momento collerías, Jaimy? —Pregunta Data.

—Moitos, Data… pero quizais… o momento en que Tania recolle as miñas mans coas súas e logo, dándome un bico na meixela, abrázame.

—Exacto!!, non hai nada máis complicado que a percepción.

—Tenente Carlos… namorarase vostede tamén de Tania?

—Non o sei, conselleira Troi, nunca se sabe… tentarei pensar na misión, que é o prioritario, pero xa que é vostede conselleira… que me aconsellaría?

—Pois que teña moito coidado por onde sopra o vento, non sexa que unha frecha de “Cupido” se crave no seu corazón.

—Jajajaja!! —Rin todos—.

—Moitas grazas, conselleira… bonito consello… tereino en conta.

—Tenente Carlos… enxeñeiro Jaimy. Xa teñen a nave espacial preparada. Sorte na misión. Agardamos recibir moi pronto boas novas.

—Conte con iso, capitán Mes3.

Entran na nave espacial e, antes de partir, Jaimy pregúntalle a Carlos:

—Perdoe, señor… que significa iso que lle dixo a conselleira Troi?

—A que te refires, Jaimy?

—Ao da frecha no corazón. Vaino matar un tal “Cupido”?

—Jajajaja… Xa vexo que estás curado de todo, canto me alegro, amigo.

—Non o entendo, señor…

—Non te preocupes, Jaimy, pon rumbo á Terra… que nos agarda Tania.

CARLOS