Negriña
Para Ingrid.
Marcos é fotógrafo e viña co seu coche de facerlle unhas fotos a unha clienta, cando de súpeto. Tchonc!!
Marcos: Ostras, nooon! Sae do coche a ver que pasou e nese instante óese a voz dunha nena que di: Negriña!!
El érguese e ve a nena.
Marcos: Ola.
A nena: Viches a miña gata?
M.: Eh… si.
Nena: Onde está?
M.: Nun bo sitio, agradable.
Nena: Onde?
M.: Ha…! Marchou de vacacións.
Nena: Como o sabes?
M.: Díxomo ela.
Nena: A miña gata non fala.
M.: Non, non, escribiume.
Nena: Os gatos teñen poutas, non poden coller bolis.
M.: Si… é unha foto, mandou unha postal. Está dando a volta ao mundo.
Nena: Onde está a postal?
M.: Deixouna na casa.
Nena: Intentas enganarme? Es un secuestrador?
M.: Non, non quero que veñas á miña casa.
Nena: Quero vela.
M.: Si, claro. Traereina se a atopo.
El sobe ao coche e a nena queda mirando como marcha. Colle a gata que puxera nunha bolsa e, cando chega á súa casa, déixaa no lixo, colle unha postal das moitas que tiña e volve á casa da nena.
Nena: Trouxéchela?
M.: Si, claro. Si!, está por aquí… xa a vexo, está aquí.
Nena: A letra é confusa. Lesma?
M.: Claro. “Querida…” non se le o nome.
Nena: Pili!
M.: Querida Pili, esquecín o enderezo… e pedinlle a este home, que non é un secuestrador… que che dese a miña postal. O tempo na India é moi bo e hai moitas ratas para comer; véndenas como comida para levar. Moito cariño. Sra. Negriña.
Pili: De verdade é dela? Non sae na foto. Cando pensa volver?
M.: Non o di.
P.: Supoño que escribirá mañá.
M.: Non o creo.
Chega á súa casa, saca a gata do lixo, lávaa e, cando está ben limpa, pona ao carón da súa roupa tendida para que seque. Ao día seguinte, volve á casa de Pili.
M.: Aquí tes.
P.: Está moi rara.
M.: Si, será unha insolación.
P.: Que di?
M.: “Querida Pili: como che dixen, estou a gozar das vacacións…” Entón deixa de ler porque ve saír a nai, que cruza os brazos mentres o observa a ver que fai! Mentres, el mírao contento, e a nena dille:
P.: E que máis di?
M.: Ah, si… claro! Di algo de que despois vai a Europa.
P.: A Europa?
M.: Si, pero seguro que mañá recibimos outra postal e nos conta máis cousas. Ata mañá, Pili.
P.: Vale!, ata mañá, Marcos. Adeu.
M.: Adeu.
Cando está na casa, como é fotógrafo, ten moitas postais de cidades, e o que fai é disfrazar a gatiña dependendo das distintas cidades, e ao día seguinte vai á casa de Pili para ensinarlla, e así sucesivamente.
M.: “Querida Pili”: viaxar é divertido, agás polo jet lag. Cando cheguei a Europa estaba cansa e cheiraba mal. Pero agora atópome moito máis fresca. Atopei moitos personaxes interesantes e estiven nalgúns sitios moi raros. Italia foi divertida. E Ámsterdam moi relaxante. Merquei peles en París, sintéticas, claro. Fun a Londres visitar a raíña, ten moitos cans horribles, pero non pasa nada, saín fuxindo. Quérote moitísimo. Falamos pronto. Sra. Negriña.
Pili vólvese cara á súa mamá e abrázaa emocionada, xa que agora o escoitan xuntas.
M.: Agora estou en Escocia. Onte á noite un gato que se chama Ginger pediume saír. Espero que esteas ben, Pili. Quérote. Sra. Negriña.
Ao día seguinte chega á casa da nena con esta última postal, pero ve a Pili e a súa nai xogando a botarse auga cun home, pasándoo moi ben.
El queda triste, pon o coche en marcha e volve á casa. Pensando que isto se acabou, fai un burato no seu xardín, enterra a gata e ponlle un ramo de bonitas flores enriba.
Ao día seguinte volve á casa de Pili, baixa do coche, diríxese a ela, séntase ao seu carón e dille:
M.: Ola, Pili.
P.: Ola, Marcos.
M.: É a última.
P.: A que te refires? —Pregúntalle toda seria.
M.: “Querida Pili. Decidín quedar en Escocia. Namoreime do gato Ginger. Alegraraste de saber que casamos onte. Son moi feliz, pero bótote moito de menos. E penso moito en ti. Con cariño. Sra. Negriña.”
P.: Xa está?
M.: Estas cousas pasan. A xente cambia e os gatos tamén.
P.: Xa o sei, parvo. —Moi anoxada.
M.: Que ocorre?
P.: Mañá é o meu aniversario e non me felicita.
Anoxada, vaise e déixao só. Marcos vai para a casa. Cando chega, detense e mira uns instantes onde está enterrada a gatiña.
Ao día seguinte, día do aniversario de Pili, colle o coche ata o xardín, déixao aparcado e vai andando á casa, cando de repente se atopa co mesmo home que viu xogando con auga con Pili e a súa nai.
M.: Ola, son Marcos. Traio un agasallo para Pili.
Amigo: Marcos, o asasino de gatos.
M.: Non, foi un accidente. Eu non…
Amigo: Era broma. Son Luis, o tío de Pili.
M.: Moi ben. —Danse a man.
Luis: As rapazas agárdante.
M.: Xenial.
L.: Están detrás. Segue o teu nariz e atoparalas doado… adeu.
M.: Adeu.
Cando aparece na festa que se dá no xardín, Pili veo e sae cun disfrace posto, correndo moi contenta cara a el.
P.: Marcos!!
M.: Ola, quen es?
Nai: A asasina de dragóns! —Poñendo voz de dragón, mirando contenta a Marcos.
P.: É para min?
M.: Si.
Mentres Pili quitaba o papel para descubrir o agasallo, oíuse un son que saía da caixa; a nai botoulle unha mirada rara a Marcos, mentres a súa filla remataba de abrir a caixa.
M.: Quero que saibas, Pili, que lle pasou unha cousa a Negriña. Tivo bebés e quería que ti quedases cun. Se á túa mamá lle parece ben.
P.: Pois claro. —Di Pili, mentres collía a gatiña en brazos e a achegaba emocionada, deixando caer unha bágoa pola súa cariña.
PARA INGRID