A Cincenta

Etiquetas: persoal

Odio estar onde ti me faltas, cando ti me faltas. Non obstante, son eu quen sempre marcha, e ti non podes seguirme.

Cando volvo e te vexo aparecer polo horizonte, a túa luz ilumina de novo o meu corazón, desexando cada día que pasa que o que sinto por ti non se acabe nunca.

Carmina, xa non podo vivir sen ver os teus bonitos ollos, todo en ti é marabilloso: o teu precioso pelo negro e liso, o teu corpo grácil, as caricias das túas suaves mans, e os teus pés… oh, os teus pés!! que dicir dos teus pés? Se eu tivese forza para pensar o que sentín cando soñei que acariciaba os teus pés, erguiríame e alzaría a miña voz para dicirche: “Eu, sen ser príncipe nin rei, clamo ao ceo pola miña honra, que tiven nas miñas mans e bicei os pés máis fermosos que ninguén nesta terra poida imaxinar; tan belos eran que sufrín, sen eu querer, unha emoción tal que o sentido perdín. Ao espertar, aínda turbado pola dita, erguinme e vin… con estes meus ollos, a muller máis bela do mundo.” Esa muller es ti… Carmina.

P.S.: No camiño da verdade, a comprensión literaria da existencia atopa e afronta inevitablemente o seu “Alter ego”. Para confrontarme co esencial non escollo a teoría, senón a anécdota. En lugar de proceder por conceptos, conto unha historia.

23/12/2018… Sóñote… deséxote, Carmina.

Carlos E.