Carta a Ariadna

Etiquetas: persoal

Para a miña amiga descoñecida.

Ola, Ariadna:

Como non tes o que che prometín, vou tratar de contarche un pouco a miña forma de tentar crear os contos que intento escribir. Todos os días estou á procura de ideas, e, cando estas chegan, non son todas emocionantes, pero de cando en vez atopas unha que é medianamente boa, e esta pode ser unha porción moi pequena do conto enteiro. Ás veces tiña días inspirado e érame moi doado pensar algo e despois escribir a escena. Así de doado. Algo me viña á cabeza e eu dicíame: “Esta é a escena que quero escribir”, así que a escribía. E nada máis. Logo, días máis tarde, víñame a idea para outra escena, nada que ver coa primeira, emocionábame e escribíaa. Outro pouco máis tarde, víñame outra idea, emocionábame outra vez e tamén a escribía. Chegados a ese punto tiña tres escenas sen nada que ver unhas coas outras en absoluto! Por sorte existe unha cousa á que se chama Campo Unificador capaz de unilas. Un día ocorre que teño unha idea que me gusta e que une as tres anteriores. Nese momento, a cuarta convértese en algo que dá a idea dun guión, e cando teño todo relacionado dese xeito, escribo o guión completo e empezo a engadir, adaptando, as escenas adicionais.

Carlos