Carmina e Carlos

Etiquetas: conto

Carmina e Carlos saen do cine con caras felices e deciden dar unha volta camiñando polo parque. A noite é perfecta para iso, insinúa Carlos, collendo tenramente a man de Carmina, mentres simula unha tenra mirada.

—Se nalgún momento a miña compañía non lle agrada, só ti terás a culpa de coñecer unha persoa que rara vez impón a súa presenza, pero da cal é difícil desfacerse.

—Os fillos da noite, que triste música a súa.

—Parécelle triste?

—É tan desoladora, coma un pranto.

—A min paréceme un son marabilloso. Encántame a noite. É tan sinxela.

—Tan enganosa.

—Tan emocionante!

—Non sabe apreciar a alma. Os cálidos raios do sol. Pero a noite…

—Está feita para gozala.

—Si. Si, así é. Está feita para gozar da vida e do amor. Míreme.

Míranse aos ollos e entón el bícaa con paixón.

—Debe perdoarme.

—Por que?

—Por meterme na súa vida.

—Vin voluntariamente.

E ela bícao con paixón.

—Quizais debería marchar.

—Non, prefiro quedar.

—Pronto amencerá.

—Non ata dentro dunhas horas.

—Volverei vela?

—Por favor.

Carlos fai de Conde Drácula. Carmina fai de Duquesa Laura Von Vilches.

CAR & CAR 10/01/2019