Ariadna
Non sei a onde vou. Pero sei seguro onde estiven, aferrándome ás promesas e ás cancións de onte.
E decidinme. Non vou perder máis tempo, volvereino tentar. Parabéns, gañaches un bolo de pel de pataca.
Volvereino tentar. Aínda que sigo buscando unha resposta, parece que nunca atopo o que busco.
Deus, rógocho, dáme forzas para seguir. Porque sei o que significa camiñar polas rúas dos soños, e volvereino tentar só, coma sempre, indo pola única estrada que coñecín, coma quen vai dando tombos, nacín para andar só. Decidinme, non vou perder máis o tempo.
Eu son outro corazón que precisa ser rescatado, que agarda a doce caridade do amor e endexamais tirarei a toalla, porque sei o que significa camiñar pola rúa dos doces soños, e volvereino tentar só, unha vez máis.
Indo pola única estrada que coñezo. Pero vouno volver tentar.
Alá vooooouuu! ARIADNA. Feliz 34 aniversario.
CARLOS
P.S.: Ari. Es a miña musa, desde aquel día que me dixeches abraiada: Carlos!! Ti escribiches Papá Noel? Grazas por descubrirme. Admírote!!