Sombras
Por que é especial?
A pequena Marall acompaña os seus pais a unha cea onde todos os adultos se comportan dunha maneira moi estraña. Durante o transcurso da noite, descubrirá unha misteriosa sombra que deambula pola casa.
A curtametraxe arrinca cunhas imaxes que pouco a pouco producen estrañeza, marcando un certo ton irreal e reforzando a idea de que estamos ante unha ficción en todo momento.
Así, o relato desprégase para ir accedendo a distintos espazos da verdade sobre o caso a modo de galimatías que pon de relevo as formas estruturais do relato para a investigación da pequena Marall, así como a construción e creación dunha ficción desde distintas perspectivas. A principal é a aparición dunha sombra que deambula pola casa e ten intrigada a pequena, a cal intenta dicirllo aos seus pais sen éxito.
A curtametraxe é interesante, aínda que ao final está por debaixo das súas ambicións reflexivas, que acaban tendo máis peso cá súa propia ficción.
A nivel visual, o director sueco, Jerry Carlsson, intenta impregnar a súa curtametraxe de elementos cinematográficos que acheguen discurso e nos fagan reflexionar. Así xorde un espazo que expón a ficción desde certos aspectos irreais como a sombra, á vez que, situando a historia no presente, a localidade en que se desenvolve a acción e especialmente nunha comunidade condicionada por unha festa na que se comportan como autómatas, ante a perplexidade da pequena Marall. Pero máis relevante resulta como Jerry Carlsson usa os medios de comunicación, nunha mirada moi interesante e certeira sobre a manipulación emocional actual e a posibilidade de construír monstros da nada, para acurralar o seu principal sospeitoso a través dunha ficción que el vai creando en todas as esferas, sabedor de que, na actualidade, verdade e mentira son conceptos que perderon, en gran medida, o seu sentido. A nova ficción reside naquela que se constrúe mediática e publicamente, sexa ou non verdade.
Para rematar direi que me sorprendeu a música “Fiesta en los Andes”, ideal para facer unha especie de baile/ritual que me axudou a comprender máis a curtametraxe, posto que adoita ser música que se utiliza en cerimonias de purificación, por exemplo, en ritos en honra aos devanceiros e defuntos. Velos como bailan dá pavor.
Marall, asustada de todo o que a rodea, séntese conectada á muller que casualmente botaran antes.
Se mo permitides, gustaríame dedicar este escrito a “Ariadna”, unha amiga especial.
Fantástica a escena na cal Marall adiviña onde está o cadáver da “sombra”. A pequena é descuberta polo dono da casa, que lle pregunta “Que fas aquí?”, pero Marall demostra ser libre de pensamento contestando de forma intelixente. Ao final os seus pais deciden marchar e, cando xa están no coche, Marall ve a súa amiga, que tamén se vai; sorrían mentres se saúdan coas mans da mesma maneira que facía coa sombra… alegrándose.
UNHA OBRA DE ARTE “ESPLÉNDIDA”.
Robingato