Historias incompletas
«Sorrí antes de mirarse no espello. Revisa unha e outra vez conversas que nunca se van repetir. Non sabe que a primavera se pon celosa cando ela pasa, que o sol ás veces sente que non brilla tanto coma ela e que as estrelas fugaces desexarían un pouquiño da maxia que teñen os seus flirteos.»
«Seguramente a muller máis agradable non ten idea de que o chan é o que se move cando a súa silueta aparece, aínda que sexa ela quen treme de medo, que arrepiou máis peles das que tocou.»
«Que hai historias que se senten incompletas por non se teren escrito coas súas mans, e cancións que morrerían por escoitala a ela. Non sabe que o mundo se detén cando ela suspira, e xira máis amodo cando á súa cadeira lle dá por bailar, que é sempre a primeira opción de calquera, que é luz mesmo na noite máis escura, que sempre a van querer enteira e non a medias.»
«Non se decatou de que calquera home loitaría por estar un anaco ao seu carón, por acariñar as súas lindas mans, por lembrarlle as virtudes, por habitar o seu corpo e quedar a vivir no seu pescozo. Que é o pensamento de moitos ao espertar e que debuxou unha chea de sorrisos sen se decatar. Ela é tenrura, inocencia e paixón nunha soa.»
«Que cometeu erros, e moitos, e que as bágoas que derramou non se comparan coas batallas que lle quedan por gañar. Seguramente a muller máis fermosa non ten nin a menor idea de que agora mesmo é ela a que está lendo isto.»
CARLOS. 05/01/2020