Carta de una desconocida

Etiquetas: crítica

Para Carmina, cariño. Quérote.

Sen dúbida, un dos dramas máis intensos e apaixonantes que deu a historia da sétima arte. Para esta ocasión, Max Ophüls, director da espléndida “Madame de” e “Atrapados”, adapta coa súa habitual delicadeza un orixinal do gran escritor Stefan Zweig para darlle forma a esta marabillosa historia de amores esquecidos que supuxo, sen ningún tipo de dúbida, a mellor interpretación de Joan Fontaine.

Neste caso acompañada polo actor francés Louis Jourdan, bordando o seu papel grazas á mellor actuación de toda a súa carreira, protexido, como non, pola dirección do gran Max Ophüls.

A película estreouse no ano 1948, ambientada en Viena, cun precioso B/N que logra un ambiente marabilloso grazas a unha iluminación máxica que te fai sentir coma se estiveses dentro dun soño.

A música que gozamos é de Wagner, Mozart e Liszt. Sen comentarios.

Sobre o guión, recomendo que lean o libro de Stefan Zweig.

CARLOS E.