El misterio del mono rojo

Etiquetas: crítica

Dedicada a Ángela, Moon, Ariadna, Zuma, Sandra, Sonia, Mettu… Con todo o meu cariño.

En España estreada como “El misterio del mono rojo”, é unha película de espionaxe que pirata libremente a obra de Edgar Allan Poe e sitúa a súa acción no Londres de 1954, en plena Guerra Fría, cando os sabios especializados en mísiles e en guerra nuclear eran máis importantes cós xogadores da NBA.

Naqueles tempos a viaxe dun deses científicos con escala en Londres antes de chegar aos EUA era unha oportunidade de ouro para os axentes comunistas que desexaban acabar con ese cerebro que quería poñerse ao servizo do capitalismo. Ken Hughes cóntanos iso e faino cunha técnica moi realista, cunha imaxe atónica case documental, filmando con moi pouca luz en decorados naturais na maioría dos casos. Inventando, sen sabelo, o mítico film cinema.

Os intérpretes da cinta son Richard Conte, que fai de americano explotando a súa imaxe de actor habitual de obras de cine negro; Rona Anderson, que achega as pausas de estrés sentimental filmadas con moita graza a partir dunha situación radicalmente falsa; e Colin Gordon, que compón o personaxe dun xornalista.

Destaquemos tamén que o filme explota as particularidades da policía británica fronte aos axentes americanos; é dicir, o rigor cívico puritano dun axente sen pistola que nunca bebe nas súas horas de servizo, fronte a outro que baleira os vasos de whisky protexido pola arma que leva no sobaco.

Por se non quedaba claro quen son mellores, as preferencias sentimentais da rapaza non deixan lugar á dúbida.

Aínda que se trata dunha produción discreta, o director británico Ken Hughes consegue manter a tensión ao longo de toda a película.

Moi recomendada e agradable de ver; non a perdan.

Carlos